Mirar de novo. A muller contra o tempo

Baixo o comisariado de David Barro e Diego Cascós, Afundación ofrece un percorrido de 90 anos pola creación femenina, para aprender a “Mirar de novo”, como o titulo indica, as singulares aportacións feitas por mulleres artistas ás linguaxes renovadoras iniciadas coas vangardas de iniciios do século XX , das cales é un exemplo a obra de Marie Blanchard “Composición cubista con botella” (2018) ou, tamén dela, e dentro da liña expresionista, “Les deux soeures” ( 1921).Os eixes temáticos da mostra son abstracción, performance, naturezas mortas, retrato e o aprecio dos oficios. Isto é evidente no tapiz “Paisaxe 1979” de Mª Elena Montero que reproduce unha obra de Luis Seoane.


Tamén está presente na peza de cerámica refractaria de tons terrosos de Elena Colmeiro, cuxo tratamento matérico ten certas semellanzas co art brut. Diversos plantexamentos abstractos levan a obras abertas a suxerencias polisémicas.Esto sucede coa caixa de luz “Obstáculos” de Yolanda Ferrer, cuxas nubosas configuracións falan de transformadores anceios de elevación. O lenzo “Enredos” de Almudena Fernández trata, por medio de cintas que se van enguedellando e creando nudos, a idea de complicacións que supón todo crecemento.


O “Labirinto” de Paz de la Calzada representa bandas circulares de números que crean complexas rutas no espazo. Bea Rey fai unha metonimia plástica coas prendas de roupa, en “Ciudadano soñador”.. O cadro “Sky Shout” de Fiona Rae expresa a épica de informes masas negras desplazándose, en contraste con círculos de cor. A materia en destrucción e formación está presente nas vellas planchas metálicas aburatadas, que sosteñen churros de negro barro cocido, de Carmen Calvo. Pamen Pereira, en “ A morada segunda” ofrece unha áurea habitación flotando en verde paraxe e a instalación “This a love story”, na que ducias de bolboretas brancas saen dunhas botas negras. O contraste entre un vello lenzo con manchas, un círculo e rectángulos de cor fala da loita entre o tempo e a xeometría, na obra de Berta Cáccamo.


Tempo e fraxilidade son o tema da “Instalación B” de Antía Moure, composta coa foto dunha vella habitación desconchada e 5 caixiñas con recordos: á de bolboreta, chave, pólas secas... Como si fosen o eixe dunha roda da vida, Menchu Lamas encerra formas antropomorfas en “Os siameses do círculo”. Da exuberancia da natureza, en vibrante vermello, da conta Soledad Sevilla.en “El mundo en mi mano”, De explosión vital fala tamén” La cueva del secreto”, de Lita Cabellut. A segredas estancias de gozo leva a gran montaxe “Xardín de Behulifruren” de Cristina Iglesias. e de íntimas perdas fala a cabana de Pilar Alonso.. “Maternidade” de Julia. Minguillón, “O campeón” de Maruja Mallo,”Blonde” de Chechu Álava, caixas de luz de Mª Xosé.Díaz; fotos de Helena Almeida, Shirin Neshat, Tatiana Medal, Ana Fernández, Desirée Dolron, Elisa Sighicelli e Valeska Soares completan esta reveladora viaxe.

Mirar de novo. A muller contra o tempo

Te puede interesar